- 10.- A Forza das Mareas Quico Comesaña
Letra: Guadi Galego
Vaise o río, vaise o mar,
vaise a forza das mareas,
vaise o río, vaise o mar,
leva a auga das túas penas. Penas tinxidas de sombras
levan mar na súa partida,
perden forza, perden vida,
marchan xa na despedida. Eres a chuvia e o sol,
eres a lúa do día,
eres fonte na sequía
e o sentir da miña vida. Deixa de ser lume novo,
medra por dentro e por fóra,
queima o tempo dos sospiros,
arrecende a rosa nova.
Sem comentários:
Enviar um comentário